Archive for Outubro, 2015

CIUDADANOS que non son CIDADÁNS

30th Outubro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en CIUDADANOS que non son CIDADÁNS

Hai un par de semanas, a xente de Galicia Bilingüe, eses tolerantes, déronme caña, e moita, no twitter por eu defender, excéntrico que son, que o ensino en Galicia ten que ser en galego. Nunca recibira máis insultos. Só hai moitos anos cando escribín un artigo contra o Opus Dei. Chamáronme de todo. Desta volta […]

Dicide Samaín, non Halloween

29th Outubro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Dicide Samaín, non Halloween

A ver, que non é tan difícil. Dicide Samaín, non Halloween. Que nós tamén temos esa festa de defuntos, de rir dos mortos, de tomarnos a morte a coña. E vén de hai moitos séculos, era unha festa celta, e moi metida dentro dos costumes galegos dende sempre, dende moito antes de que o cine […]

As subvencións á Fundación Francisco Franco

28th Outubro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en As subvencións á Fundación Francisco Franco

Que exista unha Fundación Francisco Franco, dedicada ao coidado, coñecemento e divulgación dunha das figuras máis asasinas da historia da humanidade, xa é dabondo incomprensible e só pode pasar nun sitio como España. Francisco Franco foi un dos representatnes máis absolutos do mal absoluto. Coma Hitler. Que exista unha Fundación, insisto, dedicada a el, xa […]

Europa colabora cos nazis

26th Outubro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Europa colabora cos nazis

O inverno vai chegar mentres Europa colabora cos nazis no asunto dos refuxiados. Porque os grupos nazis son os únicos que falan claro: queremos que os deporten, queremos que a policía mallen neles, aínda que sexa contra os cativos, aínda que sexan mulleres embarazadas as que reciben as hostias. Os nazis, claro, aplauden ao presidente […]

Toda a culpa é nosa que nos mola cabrear ao goberno

22nd Outubro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Toda a culpa é nosa que nos mola cabrear ao goberno

Onte, o ministro de Educación, Cultura e Deporte, Íñigo Méndez de Vigo (por certo, un aristócrata, notelopierdas) no último pleno da lexislatura dixo: “El IVA Cultural no existe“. O que quere dicir dúas cousas: ou levamos unha morea de tempo discutindo (e protestando) sobre algo inexistente e polo tanto somos profundamente idiotas, ou o ministro […]

Ai como (te) son estes pijos! (Marta Rivera de la Cruz: tú si que vales)

15th Outubro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Ai como (te) son estes pijos! (Marta Rivera de la Cruz: tú si que vales)

Nos últimos días asistimos espantados a dous artigos, un en ABC (que fixo todo un despregue “informativo” sobre as mellor e peor vestidas o día do desfile militar ese) e outro a cargo da escritora Marta Rivera de la Cruz, contra o xeito de vestir do alcalde de Ferrol. Digo que o asunto é espantoso […]

Dos cartos que si hai para os asuntos de matar e dos cartos que non hai para dependencia

14th Outubro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Dos cartos que si hai para os asuntos de matar e dos cartos que non hai para dependencia

Este é o típico artigo que quen non teña ganas de debatir sobre o que plantea o despacha cun “é demagoxía”. Xa sabedes: cando se di algo moi obvio, do tipo, “cos cartos que gastaron no paseo militar do outro día, comían milleiros de nenos e de nenas todo o ano”, pois se dis algo […]

Tranquilos, que foi un erro

7th Outubro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Tranquilos, que foi un erro

O exército dos Estados Unidos recoñece que foi “un erro grave” o bombardeo dun hospital en Afganistán. Que eles non querían pero que si, que bombardearon un hospital cheo de xente e de traballadores. Pero iso si. Sen querer. Herbert Marcurse explicou xa nos anos 60 do século pasado, que unha das cousas que o […]

Canta hipocrisía coas profesoras e profesores!

5th Outubro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Canta hipocrisía coas profesoras e profesores!

Hoxe é o Día Mundial do Docente, e hoxe no twitter os hastag referidos a eles son TT, e hoxe os telexornais abrirán faladndo da celebración, e hoxe os políticos farán grandes comunicados falando da súa importancia, que o sistema educativo é fundamental nunha sociedade e que grazas á escola somos máis libres e ailaleo […]

Que Andrea marche en paz (non están prologándolle a vida; están a prolongar o sufrimento)

1st Outubro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Que Andrea marche en paz (non están prologándolle a vida; están a prolongar o sufrimento)

Non hai dúbidas, por duro que sexa dicilo (podo imaxinar a dor infinita dese pai e desa nai suplicando que cese a agonía irreversible de Andrea, a súa filla, a que máis queren), que hai que poñerlle fin ao sufrimento de Andrea. Ademais de que hai un informe favorable do Comité de Ética da Xerencia […]