Cando os teus fillos e fillas te educan a ti

Posted by franciscocastro - 28/09/15 at 02:09 p.m.


 

Continuamente póñolle á miña filla de sete anos vídeos en youtube para ila “educando musicalmente”, ou sexa, para que escoite aos grandes clásicos da música rock e pop. Xa o fixen co grande. O que pasa é que, por fortuna, eles rematan educándome a min e grazas ao maior coñezo grupos e temas que non sospeitaría que me poderían chegar a gustar. O mesmo co cine ou os libros. E coa pequena pásame igual.

E isto é algo bo. Porque, como sempre digo, unha das maneiras de seguir sendo unha persoa xove ou, se queredes, un dos xeitos de non envellecer, é gozando das cousas que pasan hoxe en día, facendo o que se fai hoxe en día, atendendo ás músicas de hoxe en día. Estando na época actual para que a época de un nunca sexa a do pasado. Como digo sempre: a miña época é esta.

Eu quería que escoitase isto. Escoitouno e logo colleu a tablet e dixo: “Ah! Pero isto é mellor”.

Esmendrelleime de risa. Si. É moito mellor.

Os comentarios están pechados.