Buscando experiencias límites

Posted by franciscocastro - 25/09/15 at 02:09 p.m.

Experiencia extrema

Vexo decote anuncios onde se prometen emocións estremas, límites, a posibilidade de vivir situacións antes nunca vividas.

Tirarse dunha ponte.

Mergullarse entre tiburóns famentos.

Tirolinas xigantes sobre a selva amazónica.

Durmir entre serpes.

Caídas libres.

Pilotar un avión sen motor.

Etcétera.

Hai quen necesita adrenalina en doses superlativas a diario para sentir que están vivos. Mais en realidade, quen se engancha a isto, paréceme que ten máis ben pouca vida. O corazón non lle late porque si. A vida non lle é suficiente.

Debo de ser un tipo moi aburrido porque as miñas experiencias extremas atopeinas sempre na miña vida normal de señor camiño dos 50.

Logo, claro, rematan sendo novelas.

 

Os comentarios están pechados.