Petra Laszló e a merda (con perdón)

Posted by franciscocastro - 10/09/15 at 02:09 p.m.

Petra Laszló

A xornalista que patea unha nena que fuxe espantada, morta de medo e chorando, cansa, a reporteira que pon a zancadilla a un pai asustado que corre cun bebé tentando loitar pola vida dos dous, por fuxir da morte, por atopar unha posibilidade de levar unha vida humana, esa mesma xornalista enmascarada, probablemente, no instante exacto no que fai todo iso (repartir patadas a corpos humanos que non coñece, malla neses como podería mallar en calquera outros) sinte pracer, algunha clase de excitación forte e agradable que lle nace dende máis dentro que do corazón. Probablemente das tripas. Alí onde vive a merda.

Nada máis que dicir.

Os comentarios están pechados.