Primeiro de todo, hai que ser demócratas

Posted by franciscocastro - 07/09/15 at 02:09 p.m.

Democracia

Primeiro de todo, hai que ser demócratas. O que quere dicir algo tan básico como que hai que aceptar a decisión das maiorías. Aínda que non nos gusten. A min, por exemplo, non me gusta que o PP teña maioría absoluta e goberne a vontade. Pero son demócrata e acéptoo. Que menos.

Por iso é moi grave que se fale de suspender a autonomía catalá no caso de que as teses independentistas trunfen.

Porque o primeiro de todo é ser demócratas.

Aínda que non gusten as decisións do pobo. Que non se pode dicir que é “soberano” só cando me beneficia.

Os comentarios están pechados.