Archive for Setembro, 2015

Escusas para matar

30th Setembro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Escusas para matar

En nome de Deus a xente mata, escraviza, encarcera. Sinálasen aos infieis para sacalos do medio porque non se lles considera humanos. Por cartos a xente mata. Os países non se poñen dacordo, os xenerais envían á guerra aos que non a causan, os presidentes ollan cara outro lado. En nome da patria a xente […]

Cando os teus fillos e fillas te educan a ti

28th Setembro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Cando os teus fillos e fillas te educan a ti

  Continuamente póñolle á miña filla de sete anos vídeos en youtube para ila “educando musicalmente”, ou sexa, para que escoite aos grandes clásicos da música rock e pop. Xa o fixen co grande. O que pasa é que, por fortuna, eles rematan educándome a min e grazas ao maior coñezo grupos e temas que […]

Buscando experiencias límites

25th Setembro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Buscando experiencias límites

Vexo decote anuncios onde se prometen emocións estremas, límites, a posibilidade de vivir situacións antes nunca vividas. Tirarse dunha ponte. Mergullarse entre tiburóns famentos. Tirolinas xigantes sobre a selva amazónica. Durmir entre serpes. Caídas libres. Pilotar un avión sen motor. Etcétera. Hai quen necesita adrenalina en doses superlativas a diario para sentir que están vivos. […]

O franquismo sen superar

23rd Setembro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en O franquismo sen superar

Antonte en El Intermedio, o historiador Ángel Viñas falaba do seu novo libro no que documenta como Franco, dende o mesmo 1936, se dedica a desviar axudas internacionais para atacar a fame en España, ás súas contas particulares. E que esa práctica de quedar con cartos que eran de todos, vaina manter ata case a […]

Os nazis que veñen (que nunca se foron)

18th Setembro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Os nazis que veñen (que nunca se foron)

Levo toda a vida pensando (a pesar de que son un fulano optimista) que o xénero humano non ten amaño, que somos un animal profundamente estúpido e que, queiramos ou non, imos cara o desastre. Iso si, contentos, pendentes da Champion, de Belén Esteban. Da nai que nos botou. E como penso iso, no fondo […]

Esas Letizias e os machismos de Estado

17th Setembro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Esas Letizias e os machismos de Estado

Hoxe, toda a prensa, unánime, fala de como a raíña Letizia “deslumbrou” coa súa roupa, os seus modelitos, a súa “elegancia”, etc., na visita que están a facer (non sei eu para que) polos EUA ela e o seu marido. Que a institución monárquica é unha cousa resesa é ben sabido, pero, de cando en […]

Benedetti

14th Setembro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Benedetti

  Hoxe Benedetti cumpriría 95 anos. Poucos escritores coma el souberon cantarlle ao amor tan ben. Quizais o noso Celso Emilio Ferreiro de entre os nosos. Perdoádeme se soa radical. Estou nunha etapa da miña vida un chisco radical. Aínda que, por seguir radical, o Benedetti do que máis gusto é do narrador (máis que […]

A cultura é unha chorrada

11th Setembro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en A cultura é unha chorrada

Un dos problemas máis graves que ten a cultura occidental é que dende sempre, no fondo, e tamén na descarada e impúdica superficie, considera que a cultura é unha chorrada. A meirande parte da xente coida que o que importa é só a economía. Que o que ten que ter presencia, importancia, atención, etc., é, […]

Petra Laszló e a merda (con perdón)

10th Setembro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Petra Laszló e a merda (con perdón)

A xornalista que patea unha nena que fuxe espantada, morta de medo e chorando, cansa, a reporteira que pon a zancadilla a un pai asustado que corre cun bebé tentando loitar pola vida dos dous, por fuxir da morte, por atopar unha posibilidade de levar unha vida humana, esa mesma xornalista enmascarada, probablemente, no instante […]

A xente está por enriba dos políticos

8th Setembro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en A xente está por enriba dos políticos

Coma sempre, a xente está por enriba dos políticos. Ou, cando menos, dos estados. Estámolo vendo coa chegada dos refuxiados que fuxen da guerra. Mentres os dirixentes pensan en reunirse comisións facer estudos imos ir vendo a ver que se nos ocorre pero vai poñendo unha valla aí chámame aos antidisturbios, etc, a xente organízase. […]