Verdades de verán sobre o Libro e a Lectura 9: unhas cantas preguntas incómodas

Posted by franciscocastro - 30/07/15 at 02:07 p.m.

libros

Pódese aprenderlles fútbol ás cativas e aos cativos se non che gusta o fútbol, se nunca o practicaches, se non o sigues, se non o ves pola tele?

Pódese dar clases de nutrición correcta alimentándose un mal, comendo diante da rapazada porcalladas insás?

Pódese dar clases de ética sendo un corrupto, un imputado, un condenado por roubo?

Pódese aprender á cativada algo sobre a natureza e a ecoloxía ao tempo que se tiran no chan os lixos?

Daquela, pódese aprender literatura sen ser lector?, pódese ensinar sobre as grandes obras sen telas lido?, pódese fomentar o amor polos libros sen ler máis que o que a moda do momento ditamina?

Preguntas de verán. Serán pola calor.

Os comentarios están pechados.