Verdades de verán sobre o Libro e Lectura 2: para todo os libros son cousa boa

Posted by franciscocastro - 14/07/15 at 02:07 p.m.

libros

Sabemos que a lectura axuda a desenvolver as áreas lingüísticas e verbais da cativada, a súa sensibilidade (aumentando a nosa capacidade para gozar máis da beleza, ou sexa, das cousas boas da vida: a música, a arte), a rendir máis nos estudos (pois hai unha relación directa entre hábito lector e resultados escolares demostrada cientificamente), a entender o mundo mellor e dunha maneira máis lúcida e crítica, a transformarse un a si propio a partir do que se le, se asimila, se comprende, se interioriza, xa que logo, bo para autocontrolarnos e guiarnos mellor na existencia, para educarnos emocionalmente, comprendéndonos e evitando así o sufrimento ou, se queredes, poñéndonos máis preto da felicidade ou, cando menos, máis lonxe das dores da alma…

Os libros, a lectura, so nos poden traer cousas boas.

Así pois, por que os gobernos non axudan ao seu fomento e difusión?, por que tantos atrancos?, por que non se mima a industria do libro, ás bibliotecas, aos creadores e creadoras?

Os comentarios están pechados.