Verdades de verán sobre o Libro e Lectura 1: Sen lectura non hai aprendizaxe

Posted by franciscocastro - 13/07/15 at 02:07 p.m.

comprension-lectora

Se todos os expertos do mundo coinciden en que a base da aprendizaxe é a comprensión lectora (cantos profes e profas de matemáticas se queixan de que o alumnado non entende o enunciado dos problemas), por que as autoridades educativas non promoven a lectura como é debido dentro do sistema educativo?

Por que o Plan Lector dos centros é considerado por consellerías, inspeccións e familias en xeral tan pouco importante?

Por que se lles nega orzamento, por que as bibliotecas escolares son marxinadas?

É curioso que se insista tanto en que os nenos e as nenas teñen que aprender. E semella, polo tanto, que ler libros é unha perda de tempo porque aí non aprenden. E os que din tal cousa non se decatan de que é imposible aprender, nesta cultura nosa, sen sermos capaz de descodificiar e interpretar en toda a súa profundidade semántica as mensaxes escritas. Por iso, cando unha nai ou un pai me din que ao seu fillo ou filla lle encanta ler sempre engado: iralle ben nos estudos.

Sen lectura non hai aprendizaxe.

Os comentarios están pechados.