Archive for Xullo, 2015

Verdades de verán sobre o Libro e a Lectura 9: unhas cantas preguntas incómodas

30th Xullo 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Verdades de verán sobre o Libro e a Lectura 9: unhas cantas preguntas incómodas

Pódese aprenderlles fútbol ás cativas e aos cativos se non che gusta o fútbol, se nunca o practicaches, se non o sigues, se non o ves pola tele? Pódese dar clases de nutrición correcta alimentándose un mal, comendo diante da rapazada porcalladas insás? Pódese dar clases de ética sendo un corrupto, un imputado, un condenado […]

Verdades de verán sobre o Libro e a Lectura 8: a todo o mundo lle gustan os libros

29th Xullo 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Verdades de verán sobre o Libro e a Lectura 8: a todo o mundo lle gustan os libros

A todas as nenas e nenos lles gusta cantar. Se entras nunha clase de Educación Infantil e dis que hai que cantar, todos e todas cantan. Aprenden a canción e cantan. Ningún deles se preocupa de se desafina. Están centrados no pracer de cantar. E, por suposto, ningún deles ten aínda interiorizado que hai voces […]

Verdades de verán sobre o Libro e a Lectura 7: A Emoción

28th Xullo 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Verdades de verán sobre o Libro e a Lectura 7: A Emoción

Por algo que aínda neurólogos,  psiquatras, psicólogos e demais especialistas non saben explicar, as emocións arraigan con tal forza dentro de nós que nin sequera cando doenzas brutalmente agresivas como o alzhéimer nos ataca, se perden de todo. Por iso, as persoas que padecen esta enfermidade, aínda así, son quen de apreciar a música. Ou […]

Verdades de verán sobre o Libro e a Lectura 6: implicar ao alumnado na aprendizaxe literaria

23rd Xullo 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Verdades de verán sobre o Libro e a Lectura 6: implicar ao alumnado na aprendizaxe literaria

Levamos uns días, nesta serie de verán sobre o Libro e a Lectura, pero tamén sobre o Ensino da Literatura, incidindo na necesidade de modificar o sistema de ensino, entendendo que, se un dos obxectivos da materia de Literatura é o fomento do amor pola lectura (ademais da adquisición dunha serie de coñecementos literarios), daquela, […]

Verdades de verán sobre o Libro e a Lectura 5: Deixemos de ser soberbios

21st Xullo 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Verdades de verán sobre o Libro e a Lectura 5: Deixemos de ser soberbios

Gustamos tanto da lectura, amamos tanto os libros, que non damos entendido como algo que para nós é tan grande, unha paixón tan fermosa, non é compartida universalmente por todas as persoas do mundo. En especial, polos máis novos e novas porque polo xeral foi nos primeiros anos cando namoramos da lectura, das historias que habitan […]

Verdades de verán sobre o Libro e a Lectura 4: o absurdo ensino da literatura

20th Xullo 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Verdades de verán sobre o Libro e a Lectura 4: o absurdo ensino da literatura

(Ilustro este post cunha imaxe de “O Club dos Poetas Mortos” por algo) Vaia por diante que nestes anos atopei, atopo e estou certo que atoparei, ducias de profesoras e profesores de literatura exemplares no seu traballo, pola paixón que demostran, polo conscientes que son do difícil do seu traballo, sobre todo nestes tempos nos […]

Verdades de verán sobre o Libro e a Lectura 3: queremos que non lean?

17th Xullo 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Verdades de verán sobre o Libro e a Lectura 3: queremos que non lean?

Queremos que non lean? Daquela, obsesionémonos con que “aprendan literatura”. Falei disto hai un par de semanas no encontro sobre o Ensino da Literatura no Consello da Cultura Galega. Preocupados porque saiban citar obras, datas, correntes, atopar sinalefas, contar sílabas e aprobar exames de “comprobación lectora”, identifican Literatura con Matemáticas ou Historia ou calquera outra […]

Verdades de verán sobre o Libro e Lectura 2: para todo os libros son cousa boa

14th Xullo 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Verdades de verán sobre o Libro e Lectura 2: para todo os libros son cousa boa

Sabemos que a lectura axuda a desenvolver as áreas lingüísticas e verbais da cativada, a súa sensibilidade (aumentando a nosa capacidade para gozar máis da beleza, ou sexa, das cousas boas da vida: a música, a arte), a rendir máis nos estudos (pois hai unha relación directa entre hábito lector e resultados escolares demostrada cientificamente), a […]

Verdades de verán sobre o Libro e Lectura 1: Sen lectura non hai aprendizaxe

13th Xullo 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Verdades de verán sobre o Libro e Lectura 1: Sen lectura non hai aprendizaxe

Se todos os expertos do mundo coinciden en que a base da aprendizaxe é a comprensión lectora (cantos profes e profas de matemáticas se queixan de que o alumnado non entende o enunciado dos problemas), por que as autoridades educativas non promoven a lectura como é debido dentro do sistema educativo? Por que o Plan […]