Miserables que desexan o mal

Posted by franciscocastro - 29/06/15 at 02:06 p.m.

mal

Dende que os gobernos do cambio accederon ao poder nalgunhas cidades importantes do Estado, a dereita máis cavernícola (moi presente en tertulias televisivas e donos de pontentes medios de comunicación) traballan cunha virulencia espectacular (que non exercen contra o poder, nin sequera cando era o PSOE quen máis tiña) que o que destila son dúas cousas:

-non saber perder. Ou o que é o mesmo, o pouco demócratas que son. Só aceptan o resultado se é o resultado que eles consideran “democrático”.

-que desexan que eses gobernos fracasen.

Sobre este segundo asunto non teño a menor dúbida. Desexan con todo o seu corazón que eses alcaldes non poidan cumprir. Desexan con todo o seu corazón que o corralito grego provoque revoltas, violencia, aínda que haxa mortos. Desexan con todo o seu corazón que a xente se arrepinta de ter optado por desfacerse dos de sempre para probar con outros.

Iso case que é o peor de todo. Porque é malo que non acepten a vontade libre da xente. Pero que ademais desexen que a xente se esnafre, para que todo volva ao de antes, é absolutamente miserable.

Os comentarios están pechados.