A edición estendida: as novas maneiras da edición ou deixemos de falar de Libros e falemos de Textos

Posted by franciscocastro - 17/06/15 at 02:06 p.m.

Reimprímete

O pasado mes e convidado polo Clúster do Produto Gráfico Galego tiven ocasión de falar no Foro Reimprímete, como editor, arredor dos desafíos aos que se presenta a edición nos tempos presentes e, sobre todo, nos futuros. Puiden compartir experiencias, opinións e análise con compañeiros coma Manuel Bragado ou Xosé Antón Perozo.

Estes días, o Clúster subiu a Presentación sobre a que centrei a miña intervención no Foro na que sobre todo mantiven que o que importa é o Contido máis que o Formato. Nela veredes tamén que me pregunto sobre que é a día de hoxe un editor, que se espera de nós no futuro, como o proceso de dixitalización está a influir no sector, pero tamén nos hábitos de lectura… Dedico a parte final a reflexionar, xa como escritor, nas posibilidades da Escrita Estendida.

E aquí vola deixo para que a poidades ter vós tamén.

Os comentarios están pechados.