Vergonza

Posted by franciscocastro - 16/06/15 at 02:06 p.m.

Nobres

Resulta que hoxe se celebrou unha xuntanza entre El-Rei e 400 aristócratas que, segundo as novas de prensa, “representan a nobreza do país”. Gustaríame saber canto me custou a coña mariñeira esta, que gasto foi, porque se están a pedirnos sacrificios a todos daquela é que non estamos para gastar en parvadas. E de paso que pregunto isto aproveito para dicir que a nobreza do país represéntaa a xente humilde e traballadora que saca o país para adiante.

Que no século XXI, en España, existan “nobres”, aínda que só sexa polo título, é unha vergonza.

E leo que nesa xuntanza, El-Rei lles lembrou a eses 400 que teñen que ter unha “conduta exemplar”. Que chorrada. Teñen que ter unha conduta exemplar porque son nobres?, por ser condes, baróns, duques, etc. teñen que ser exemplares? É tan clasista dicir iso que dá noxo! Porque o que está por debaixo de semellante afirmación é a crenza de que ao vulgo (a ti, a min, aos normais, aos que non somos nobres) nos custa máis ser “exemplares” ou bos. No Medioevo tiña un pase, a día de hoxe é unha vergonza.

El-Rei dixo que teñen que “honrar o título que portan”. En serio?????

Leo o final da nota de prensa. E vós xa facedes os comentarios pertinentes:

“El Rey recuerda a los nobles de España su deber de observar una conducta ejemplar. “Emular a quienes inscribieron sus nombres en la historia de España no es labor fácil. Honrar esos nombres con vuestro ejemplo y conducta es un gran reto: porque destacar, estar entre los mejores en cualquier ámbito , es cada día una tarea más ardua. Pero es la exigencia de llevar un gran nombre. Y es vuestro deber”, les ha dicho el Rey, a quien los nobles le han respondido con una ovación y vivas al Rey y a la Reina”.

Os comentarios están pechados.