Inditex e o traballo escravo

Posted by franciscocastro - 10/06/15 at 02:06 p.m.

Explotación laboral infantil

Hoxe todos os medios fanse eco do exitazo de Inditex (propietaria, entre outras, de Zara) que gañou 521 millóns de euros entre febreiro e abril, un 28 por cento máis grazas ao aumento das vendas. Sen dúbida, unha boa nova para Amancio Ortega, que se fará aínda máis rico. Non sei se o é, como levan todo o día vendéndonos, para Galicia, para España e para todos os que non somos Amancio Ortega.

A min paréceme xenial que unha empresa, sexa galega ou non, gañe moitos cartos. O que quero é ter a tranquilidade de que o seu beneficio non está emporcado. Por iso, recupero unha nova do ano 2012, de El Confidencial, titulado “Trabajo esclavo en la India: tres empresas españolas están incluidas en la ‘lista negra”, e do que só vos deixo o primeiro parágrafo:

“Niñas y adolescentes trabajando sin contrato, privadas de libertad y en condiciones insalubres durante más de 72 horas a la semana por un salario de 0,88 euros al día, del que sólo podrán disponer cuando hayan transcurrido de tres a cinco años y que servirá para pagar su dote matrimonial. Ese es el sombrío escenario laboral de miles de jóvenes del estado de Tamil Nadu, al sur de la India, que son empleadas en condiciones que rozan la esclavitud por empresas textiles de aquel país que luego suministran sus productos a grandes firmas internacionales, entre ellas las españolas Inditex, El Corte Inglés y Cortefiel”.

Xa sabemos que o capital non ten corazón, pero os consumidores e consumidoras si que o deberiamos ter. Pode Inditex garantir que o seu beneficio non se cimenta sobre a explotación de seres humanos?

Aquí deixo unhas cantas ligazóns interesantes para quen queira profundar máis:

Multinacionales textiles imponen jornadas de explotación a sus trabajadores, según ONG  http://www.aleteia.org/es/internacional/articulo/multinacionales-textiles-imponen-jornadas-de-explotacion-a-sus-trabajadores-segun-ong-5866438577356800

ZARA ACUSADA DE EXPLOTACIÓN EN ARGENTINA http://www.elmundo.es/america/2013/03/27/argentina/1364345497.html

Inditex lleva años siendo objeto de denuncias periodísticas debido a sus proveedores http://www.mundiario.com/articulo/economia/zara-otra-perspectiva-trabajo-esclavo-imagen-moral/20140108202717013881.html

 

Os comentarios están pechados.