Son sicarios

Posted by franciscocastro - 09/06/15 at 02:06 p.m.

PicMonkey Collage2

Un sicario é un individuo que a cambio de cartos (polo xeral poucos en comparación á magnitude da burrada que ten que cometer) fai algo terrible por encargo de alguén que non quere verse implicado. Os sicarios son moralmente espantosos xa non só polo que fan, que tamén, senón porque en realidade realizan o que outros non se atreven a facer (pero planean e deseñan). Polo xeral, os sicarios son “contratados” para matar, para mutilar, para facer dano, para ameazar. Para todo iso.

Mais os sicarios non sempre son drogadictos enganchados ao crack que pegan tiros a cargo dunha dose.

Ás veces, os sicarios levan traxe, bolsos de Louis Vuitton  (xa sabedes, “un regalo normal” segundo Rita Barberá) e dirixen entidades bancarias ou son ministros.

Pensade en Christine Lagarde, xefa suprema do Fondo Monetario Internacional, recomendando recortes en España (aínda máis) nos soldos, tamén en educación e pedindo máis copago. É unha sicaria dos grandes grupos empresariais da saúde, dos grandes holdings dos planes de pensións, dos que lle pagan, en última instancia. Ou pensade en Wert, que seica se vai despois de deixar unha educación máis clasista (que favorece á privada) e unha cultura polo chan (a este goberno, en fin, a todos os gobernos, lles interesan os profesionais da cultura “mortos” cando menos civilmente).

Sicarios hai un cento deles. Traballan sucio para xente que nunca emporca as mans.

Para porcos xa están eles.

Os comentarios están pechados.