Un ano sen debate real

Posted by franciscocastro - 02/06/15 at 02:06 p.m.

rei

Vai xa para un ano que Felipe VI “reina” en España. Como manda a Constitución que, por certo, segue mantendo que as mulleres son seres inferiores porque, se hai un pene (un irmán), elas non poden reinar.

Hoxe hai un ano que o debate, cando menos no primeiro plano dos medios, arredor da forma de organización política que queremos, se república ou monarquía, non se celebra.

Nestes 12 meses vimos tomar a comuñón a unha das súas fillas (non sei cal, e debería, a manteño, en parte, eu), e ver á dereita mediática escandalizada polo do partido do outro día e non, por exemplo, polo paro, os curas pederastas, o roubo aos preferentistas e unha longa serie de cousas que se me ocorrerían para que se escandalizasen de verdade (flipante, por certo, o “programa” de onte de Buruaga con TODOS os comentaristas dacordo en criminalizar aos que lle asubiaron ao himno).

E postos a falar de preocupacións, hai quen se preocupa porque este rei non ten o “apego” que seu pai tivo. Pois vale. A min, o que me preocupa, é que me consideren menor de idade e incapaz para decidir o modelo de estado que quero. Prometo que se gaña a monarquía non dou máis a vara con isto. Pero que me deixen decidir.

Os comentarios están pechados.