Archive for Xuño, 2015

Os Beatles en España. Melancolía

30th Xuño 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Os Beatles en España. Melancolía

(Hoxe tendes que aturar ao Francisco Castro máis fiqui) Este xoves cumpriranse 50 anos da actuación dos Beatles na praza de touros de Las Ventas de Madrid. Eu nin nacera. Pero aínda así, declárome absoluto melancólico daquela xornada que non vivín pero que vin en toda canta imaxe se conserva (algunhas do NO-DO) e se […]

Miserables que desexan o mal

29th Xuño 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Miserables que desexan o mal

Dende que os gobernos do cambio accederon ao poder nalgunhas cidades importantes do Estado, a dereita máis cavernícola (moi presente en tertulias televisivas e donos de pontentes medios de comunicación) traballan cunha virulencia espectacular (que non exercen contra o poder, nin sequera cando era o PSOE quen máis tiña) que o que destila son dúas […]

Por que?

24th Xuño 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Por que?

Sabemos que hai combustibles que non contaminan, ou moito menos, que os derivados do petróleo, que son altamente destrutivos para a natureza. Sabémolo pero non o cambiamos, por que? Sabemos que a industria da guerra, a fábrica de armas, existe para alimentar os conflitos nos que morre xente pero tamén á inversa, que igual non […]

Aquelas noites de San Xoán

23rd Xuño 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Aquelas noites de San Xoán

Durante a miña infancia e primeira adolescencia non había momento que puidese superar en emoción á noite de San Xoán. Eu, coma José-Nes, coma Juan o de Arriba e o de Abaixo, coma Tote e Carlos e José Luis e Otero e Miguel e Manolito e Pucho e o resto dos nenos e nenas do […]

Alcaldesas e alcades normais

22nd Xuño 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Alcaldesas e alcades normais

Resulta patético ver á dereita mediática escandalizada polo feito de que as alcaldesas e os alcaldes “do cambio” sexan xente normal. Escandalízanse porque o alcalde de Santiago e o da Coruña non acoden a un acto relixioso a pedirlle non sei que cousa a un santo. Non deberían escandalizarse por algo así porque o anormal […]

Nenos e nenas deixados da man de todos

19th Xuño 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Nenos e nenas deixados da man de todos

Hai uns días tiven a sorte, o privilexio e a honra, de visitar un piso de acollida onde viven, temporalmente, nenos e nenas tutelados pola Administración e que, mentres non se solucionan os seus gravísimos problemas familiares, teñen que residir, xunta outros nenos e nenas, e acompañados (e agarimados e animados e coidados) por distintos […]

A edición estendida: as novas maneiras da edición ou deixemos de falar de Libros e falemos de Textos

17th Xuño 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en A edición estendida: as novas maneiras da edición ou deixemos de falar de Libros e falemos de Textos

O pasado mes e convidado polo Clúster do Produto Gráfico Galego tiven ocasión de falar no Foro Reimprímete, como editor, arredor dos desafíos aos que se presenta a edición nos tempos presentes e, sobre todo, nos futuros. Puiden compartir experiencias, opinións e análise con compañeiros coma Manuel Bragado ou Xosé Antón Perozo. Estes días, o […]

Vergonza

16th Xuño 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Vergonza

Resulta que hoxe se celebrou unha xuntanza entre El-Rei e 400 aristócratas que, segundo as novas de prensa, “representan a nobreza do país”. Gustaríame saber canto me custou a coña mariñeira esta, que gasto foi, porque se están a pedirnos sacrificios a todos daquela é que non estamos para gastar en parvadas. E de paso […]

Cristina ex-duquesa pero na liña de sucesión igual

12th Xuño 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Cristina ex-duquesa pero na liña de sucesión igual

Hoxe a prensa celebra nas súas portadas que onte Filipe VI lle retirou o título de Duquesa de Palma á súa irmá Cristina. Algún xornal galego incluso o considera a nova máis importante do día (titular máis grande e central) fronte de, por exemplo, as novas relacionadas cos pactos postelectorais para constituir os concellos mañá. […]

Inditex e o traballo escravo

10th Xuño 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Inditex e o traballo escravo

Hoxe todos os medios fanse eco do exitazo de Inditex (propietaria, entre outras, de Zara) que gañou 521 millóns de euros entre febreiro e abril, un 28 por cento máis grazas ao aumento das vendas. Sen dúbida, unha boa nova para Amancio Ortega, que se fará aínda máis rico. Non sei se o é, como […]