Esperanza Aguirre, Eduardo Inda e as palabras de antes da Guerra Civil

Posted by franciscocastro - 28/05/15 at 02:05 p.m.

PicMonkey Collage

Somos palabras, sílabas, fonemas, sons que nos saen do cerebro, pasando pola gorxa, e que chegan a outros cerebros. Ás veces incluso ao corazón. Por iso hai que codiar moito a linguaxe, porque as palabras transmiten emocións. Por exemplo, transmiten medo.

O PP, e tamén o PSOE (agora xa non pola conta que lle trae) estiveron axitando meses antes das eleccións unha das emocións máis poderosas que hai á hora de mobilizar comportamentos irracionais como é a do medo. Palabras como Venezuela, Comunismo, Ruptura da Orde Constitucional, Soviets, Castrismo, etc, saíron das súas vocas para dicirlles a todos e a todas: coidado que vén o Home do Saco.

Dende o domingo, as palabras seguen usándose igual ou incluso peor. Eduardo Inda, ese progresista, en plena noite electoral falaba de “Frente Popular de Izquierdas” para explicar que era o que nos viña enriba. Esperanza Aguirre, esa demócrata, fala (e antes xa o dixo Felipe González, esa decepcion política), da necesidade de facer un “goberno de concentración”.

En calquera momento alguén vai empezar a pedirlle aos militares que poñan orde. Que tanto votar sen cabeciña hai que curtalo de raíz.

Os comentarios están pechados.