É que o pobo se trabuca

Posted by franciscocastro - 26/05/15 at 02:05 p.m.

cegerua

Confeso que onte dediquei parte da noite a ver a tertulia (?) política de Ernesto Sáenz de Buruaga en TVE. Estaban por alí Francisco Vázquez, Bieito Rubido e Fernando Sánchez-Dragó, entre outros. A progresía toda, vamos.

No básico, algúns opinadores, como os dous citados en primeiro lugar, transmitiron algo así como que a xente votou o que votou porque está manipulada e enganada.

Sen entrar no desprezo que iso supón á democracia e ás persoas, só engadirei que espero que a ninguén dos de por aquí (algún partido galego con mal resultado) se lle dea por pensar o mesmo.

Os comentarios están pechados.