Archive for Maio, 2015

Esperanza Aguirre, Eduardo Inda e as palabras de antes da Guerra Civil

28th Maio 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Esperanza Aguirre, Eduardo Inda e as palabras de antes da Guerra Civil

Somos palabras, sílabas, fonemas, sons que nos saen do cerebro, pasando pola gorxa, e que chegan a outros cerebros. Ás veces incluso ao corazón. Por iso hai que codiar moito a linguaxe, porque as palabras transmiten emocións. Por exemplo, transmiten medo. O PP, e tamén o PSOE (agora xa non pola conta que lle trae) […]

Mariano, a comunicación, os éxitos económicos

27th Maio 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Mariano, a comunicación, os éxitos económicos

Cando un presidente de goberno resume a explicación para uns malos resultados electorais a que lles fallou a comunicación (e hala que non teñen medios afíns que lles amplifican e esaxeran os “méritos”), daquela, é que ese presidente anda na póla. Segundo a súa presidencial análise, o problema é que aos españois non se lles […]

É que o pobo se trabuca

26th Maio 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en É que o pobo se trabuca

Confeso que onte dediquei parte da noite a ver a tertulia (?) política de Ernesto Sáenz de Buruaga en TVE. Estaban por alí Francisco Vázquez, Bieito Rubido e Fernando Sánchez-Dragó, entre outros. A progresía toda, vamos. No básico, algúns opinadores, como os dous citados en primeiro lugar, transmitiron algo así como que a xente votou […]

Máis Harry Potter e menos Cervantes

25th Maio 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Máis Harry Potter e menos Cervantes

A Revista Platero, especializada en Literatura Infantil e Xuvenil, e que se edita en Oviedo, pediume un artigo arredor da Didáctica da Lectura e que titulei como encabezo estas liñas. Podédelo descargar, en formato PDF aquí.

Aguirre, Cifuentes e María do Carmo Kruckenberg

18th Maio 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Aguirre, Cifuentes e María do Carmo Kruckenberg

Unha das maneiras que temos de retratarnos é falando dos nosos referentes, daquelas persoas que consideramos mestres, daqueles seres humanos que nos inspiran para vivir a nosa vida dunha determinada maneira. Os exemplos aos que nos gustaría parecernos. Os modelos a imitar para sermos mellores. Onte, na cerimonia de despedida á poeta galega María do […]

A lectura e a folga dos futbolistas.

13th Maio 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en A lectura e a folga dos futbolistas.

Os gobernos occidentais gastan máis en armamento que na promoción da lectura. O de España tamén. O artigo podería rematar aquí. Pero deixádeme dicir algo máis. Leo que a Sociedade Española de Neurología vén de facer público un documento no que explican que a lectura é beneficiosa para a saúde mental, e que existe unha […]

Unha rúa para Germán Coppini, para Suso Vaamonde, para Carlos Oroza, para tantas e tantos.

11th Maio 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Unha rúa para Germán Coppini, para Suso Vaamonde, para Carlos Oroza, para tantas e tantos.

Mañá fará seis anos que finou Antonio Vega. Lembreime moito del estes días atrás en Madrid, pois o lugar onde pernoctei estaba pegado á Praza de Antonio Vega, en pleno barrio de Malasaña, entre locales de copas e moita, moita vida de barrio. Aquela placa alí, co seu nome incorporado ao rueiro de Madrid, obrigábache, […]