Esperanza Aguirre animando á xenofobia e á marxinación

Posted by franciscocastro - 29/04/15 at 02:04 p.m.

esperanza-aguirre

Todos e todas puidemos escoitala na televisión, onte, unindo na mesma frase “pobreza”, “inmigración” e “mafia”. Basicamente soltou un discurso que os do Frente Nacional francés ou calquera neonazi estaría encantado de escoitar.

Sinalou que hai parques nos que non se pode estar tranquilo porque está cheo de xente que dorme neles (non están botando a siesta, ollo, en plan presidente da patronal no sofá do Pequeno Nicolás, senón que son “sen teito”), xente que pertence ou están manipulados por “mafias” que se enriquecen polo seu traballo, e que, por suposto, son maioritariamente estranxeiros.

Un discurso ultra, que anima á xenofia, á exclusión e que, por suposto, incita á violencia e dá azos aos fanáticos que queren “limpar” España.

En calquera caso, o peor non é iso, senón que Esperanza Aguirre solta ese discurso porque sabe que moitos dos seus votantes é iso o que pensan.

Non o esquezamos: os alcaldes e alcaldesas non caen do ceo. Están postos aí pola cidadanía.

Así que se gañan as eleccións estas persoas retrógradas e perigosas, no fondo, a quen haberá que culpar, é a unha cidadanía retrógrada e perigosa.

Os comentarios están pechados.