Asesores burriños

Posted by franciscocastro - 27/04/15 at 11:04 a.m.

Consello de minsitros

Hai un certo rebumbio por aí porque se acaba de coñecer que 68 asesores do goberno de Mariano Rajoy non teñen sequera nin o graduado escolar. Axiña apareceron voces para facer escarnio do detalle, relacionando o mala que é a xestión do goberno co escaso nivel académico dalgúns que os asesoran.

A reflexión que se fai é clasista e superficial. Imos pensar que ten que ver maís coas ganas de rir que doutra cousa.

Porque a verdade é que a meirande parte dos señores que están acabando co país, sonche licenciados universitarios, moitos deles, graduados en prestixiosísimas (isto quere dicir “carísimas”) escolas de negocio e de alta política. Moitos e moitas dos que están a facerse célebres pola corrupción, polo roubo sistemático dos cartos públicos, si que teñen o graduado escolar. Son avogados, economistas, xente, como lles gusta dicir a eles, de posición e de boa familia, que estudaron en coles con uniforme, en centros moi exclusivos, en universidade moi privadas. Non son iletrados. Son, simplemente, ladróns.

Coñezo moita xente que nin o graduado escolar ten que é moi de fiar.

E coñezo moita xente con títulos e títulos aos que non lles deixaría nin un euro, non fose que me levasen a carteira toda .

Os comentarios están pechados.