Beixos

Posted by franciscocastro - 13/04/15 at 02:04 p.m.

Beixo

Beixos coma coitelos dunha dureza infinda que expliquen que ninguén vai bicarte nunca, nunca, nunca, coma min. Bicos coma améndoas o día que tes fame, de aceite morno que te enchoupe toda e faga que o teu corpo me estrañe o resto completo dos teus días. A miña boca na túa lingua, a miña respiración respirándote cando te respiras cara fóra. Bicos como ninguén chos deu. Novos. Pero os de sempre. Que cando chos dea penses: estou na casa, aquí é onde quero estar. Bicobeixos de mazá aceda, de zume que deixa retrogusto na gorxa e melancolía de ti.

(no 13 de abril de 2015, Día Internacional do Beixo)

Os comentarios están pechados.