Cen anos d’A Metamorfose

Posted by franciscocastro - 09/04/15 at 11:04 a.m.
A metamorfose

(esta é a edición de Espasa na que eu lin por vez primeira a historia)

 

Cúmprense 100 anos do libro de Kafka. Un século despois sigue fascinándonos esta historia estraña, que o autor concebiu, segundo consta nos seus Diarios (nos que tanto se pode aprender sobre a Arte Literaria) como unha narración humorística e que, sen embargo, se erixiu en metáfora da desolación e o abandono.

Como sempre explico nos meus Obradoiros Literarios, o inicio deste libro resume á perfección o que é a Literatura: o país das marabillas, o reino onde todo é posible grazas ás palabras. Lembremos: “Logo dunha noite de soños intranquilos, Gregor Samsa espertou convertido nun becho mostruoso”. Así empeza. E xa está. Non nos di que pasou antes dese espertar. Non sabemos que ceou o pobriño de Gregor Samsa para aparecer amencido en cascuda. Non sabemos se foi unha droga, un meigallo ou que. Nin falla que fai. A novela empeza así e punto. As palabras, fundan o mundo. O que se di nun libro, se está ben contado, é verdade. E logo, o que veña detrás, se está ben construído, tamén o é. Ese inicio é o vello “érase unha vez”. O de sempre. O que non nos deixa de fascinar.

Dentro de cen anos, seguirá marabillándonos esta historia surreal e profunda: E cómica, si, tamén, que fala de todos nós. Dalgunha maneira.

Os comentarios están pechados.