Archive for Abril, 2015

A economía mellora. A xente é igual de pobre

30th Abril 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en A economía mellora. A xente é igual de pobre

Dende o inicio da postmodernidade e a caída das utopías políticas que anegaron de ilusión ás xentes dende os anos 60 do século pasado, ao se convertir o capitalismo consumista en versión única e unificada posible, os políticos (que mandan menos que o presidente dun banco) identifican, e sen pudor de ningunha clase, realidade con […]

Esperanza Aguirre animando á xenofobia e á marxinación

29th Abril 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Esperanza Aguirre animando á xenofobia e á marxinación

Todos e todas puidemos escoitala na televisión, onte, unindo na mesma frase “pobreza”, “inmigración” e “mafia”. Basicamente soltou un discurso que os do Frente Nacional francés ou calquera neonazi estaría encantado de escoitar. Sinalou que hai parques nos que non se pode estar tranquilo porque está cheo de xente que dorme neles (non están botando […]

Asesores burriños

27th Abril 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Asesores burriños

Hai un certo rebumbio por aí porque se acaba de coñecer que 68 asesores do goberno de Mariano Rajoy non teñen sequera nin o graduado escolar. Axiña apareceron voces para facer escarnio do detalle, relacionando o mala que é a xestión do goberno co escaso nivel académico dalgúns que os asesoran. A reflexión que se […]

Tirarías o lixo no salón da casa?

22nd Abril 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Tirarías o lixo no salón da casa?

Hoxe é o Dia da Terra. Un día tan bo coma outro calquera para lembrar que o capitalismo consumista é un modelo que non só acaba co xénero humano e coa súa dignidade ao tratar a todas e a todos como mercadorías, forza de traballo e elementos dun sistema produtivo, senón tamén co planeta, a […]

Beixos

13th Abril 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Beixos

Beixos coma coitelos dunha dureza infinda que expliquen que ninguén vai bicarte nunca, nunca, nunca, coma min. Bicos coma améndoas o día que tes fame, de aceite morno que te enchoupe toda e faga que o teu corpo me estrañe o resto completo dos teus días. A miña boca na túa lingua, a miña respiración […]

Cen anos d’A Metamorfose

9th Abril 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Cen anos d’A Metamorfose

  Cúmprense 100 anos do libro de Kafka. Un século despois sigue fascinándonos esta historia estraña, que o autor concebiu, segundo consta nos seus Diarios (nos que tanto se pode aprender sobre a Arte Literaria) como unha narración humorística e que, sen embargo, se erixiu en metáfora da desolación e o abandono. Como sempre explico […]

Cando se pensa que todo o mundo é parvo

6th Abril 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Cando se pensa que todo o mundo é parvo

Hoxe coñecéronse novos datos sobre o paro. A realidade é que caeu en 60.214 persoas, o seu maior descenso nun mes de marzo dende 2002. Con esta caída, van dous meses seguidos de descenso, polo que o presidente do goberno foi correndo, e sen plasma!!!!, a unha emisora de radio a que lle fixesen unha […]