Co vídeo de Enrique Iglesias mercábanse 20.000 libros para bibliotecas

Posted by franciscocastro - 30/03/15 at 01:03 p.m.

Leer

Vemos hoxe na prensa que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten a idea de facer unha macroenquisa para medir o nivel de lectura nos colexios de Galicia. A idea é comprobar se está a cumprirse o Plan Lector das escolas e avaliar cada biblioteca escolar. O estudo vai realizarse en 303 centros públicos e privados. Visto así, de primeiras, parece unha cousa moi boa. E seguro que o é. Porque a ninguén escapa que é importantísimo que se fomente a lectura entre os máis pequenos e pequenas e, xa que logo, a ninguén escapa que é crucial que as bibliotecas escolares e as seccións infantís das bibliotecas dos concellos estean ben nutridas.

E para iso son necesarios fondos.

Así que aproveitamos para lembrarlle á Xunta de Galicia para dicirlle algo obvio: que si, que está moi ben estas enquisas, quedan xenial nas noticias. Pero o certo é que, ao igual que o Ministerio de Cultura, cada ano os cartos que se destinan para nutrir ás bibliotecas, ou sexa, para darlles libros, é menos, e menos e menos. Lembrade: para un vídeo de Enrique Iglesias, a Xunta de Galicia destinou 300.000 euros. Sabedes cantos libros se poderían mercar con iso? Se imaxinamos un libro medio, a 15 euros (hainos máis baratos), sairíanos aproximadamente 20.000 libros.

Aquí hai alguén que está trabucándose á hora de gastar…

Os comentarios están pechados.