Cando temos á lei en contra

Posted by franciscocastro - 27/03/15 at 01:03 p.m.

XMarín1

Como a estas alturas xa todo o mundo sabe (os xornais informaban hoxe en correctísimo castelán do asunto) o Tribunal Supremo desestimou o recurso da Real Academia Galega contra o decreto de plurilingüísmo da Xunta de Galicia que, na práctica, digan o que digan os supremísimos tribunais, prexudica ao galego en favor do castelán…e do inglés! O Tribunal Supremo, si, desestimou o recurso que a RAG presentara no seu día. Entre outras cousas, di que non levan razón cando din que se lles tería que ter consultado, que non teñen por que ser considerados un órgano consultivo!!! para redactar a súa norma (imaxinen a lea que se podería montar se un goberno reformula as normas do fútbol sen falar coa Federación).

Algunhas cousas poden ser legais pero non teñen por que estar ben. Por exemplo, nalgúns lugar do mundo é legal lapidar ás mulleres, pero non está ben. Que algo veña avalado pola lei, incluso aquí que nos damos a nós mesmos a lei democraticamente, nunca é garantía absoluta de moralidade nin de xustiza.

Que siga en vigor, e agora xa abeizoado pola lei suprema, este decreto, contra o criterio da RAG (eses aos que non hai que consultar), do profesorado e do 99 por cento das persoas que teñen algo que ver coa educación e a lingua, só demostra que, como Rosalía de Castro avisou, temos á lei en contra.

Os comentarios están pechados.