No Día do Pai

Posted by franciscocastro - 19/03/15 at 11:03 a.m.

Foto-Francisco-Castro-e-fillos

Hoxe a miña filla cantoume unha canción. Deume tamén un par de debuxos, así como a erguín para ir ao cole, aínda en pixama, nos que aparecemos xuntos, no parque, xogando. Nos dous debuxos eu saio rindo, coma ela.

Hoxe o meu fillo chamou por teléfono para dicirme que me quere. Falamos, tamén, das súas impresións sobre un libro meu que está lendo.

Como vedes, son un señor absolutamente afortunado.

(a foto ten uns aniños e publicouse en La Voz de Galicia precisamente canda un artigo meu sobre a experiencia da paternidade)

Os comentarios están pechados.