Archive for Marzo, 2015

Co vídeo de Enrique Iglesias mercábanse 20.000 libros para bibliotecas

30th Marzo 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Co vídeo de Enrique Iglesias mercábanse 20.000 libros para bibliotecas

Vemos hoxe na prensa que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten a idea de facer unha macroenquisa para medir o nivel de lectura nos colexios de Galicia. A idea é comprobar se está a cumprirse o Plan Lector das escolas e avaliar cada biblioteca escolar. O estudo vai realizarse en 303 centros […]

Cando temos á lei en contra

27th Marzo 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Cando temos á lei en contra

Como a estas alturas xa todo o mundo sabe (os xornais informaban hoxe en correctísimo castelán do asunto) o Tribunal Supremo desestimou o recurso da Real Academia Galega contra o decreto de plurilingüísmo da Xunta de Galicia que, na práctica, digan o que digan os supremísimos tribunais, prexudica ao galego en favor do castelán…e do […]

Convencernos para non suicidarnos

25th Marzo 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Convencernos para non suicidarnos

O pobo galego ten un punto suicida e tamén irresponsable. Porque leva séculos traballando para a súa destrución. Suicida no caso concreto da lingua, pois levamos loitando soíños, nós soíños, coma pobo, contra nós mesmos, séculos e séculos, poñéndonos pedras, loitando forte para que desapareza o máis importante que temos, o que nos fai ser […]

Silenciar as voces críticas con cartos públicos

24th Marzo 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Silenciar as voces críticas con cartos públicos

Leo hoxe que a Consellería de Economía e Industria vén de convocar un concurso público de dous millóns de euros (si, lestes ben, dous millóns de euros). No básico e como hoxe conta El País, do que se trata é de deseñar unha campaña publicitaria que lle faga publicidade á propia Consellería, ou sexa, a […]

No Día do Pai

19th Marzo 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en No Día do Pai

Hoxe a miña filla cantoume unha canción. Deume tamén un par de debuxos, así como a erguín para ir ao cole, aínda en pixama, nos que aparecemos xuntos, no parque, xogando. Nos dous debuxos eu saio rindo, coma ela. Hoxe o meu fillo chamou por teléfono para dicirme que me quere. Falamos, tamén, das súas […]

Por que Filipe VI non condea a ditadura de Franco?

17th Marzo 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Por que Filipe VI non condea a ditadura de Franco?

Estes días andamos atónitos pola aparición dunha moeda de 200 euros de Filipe VI que a Casa da Moeda emite baixo do lema ’70 años de Paz’. A bronca, como imaxinades, está máis que xustificada porque eses anos de paz inclúen a ditadura franquista. Sen entrar agora na esencia da barbaridade, que é moita, cómpre […]

No Día Mundial do Sono

13th Marzo 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en No Día Mundial do Sono

Entérome de que hoxe é o Día Mundial do Sono. Nin idea de que existía. Pero existe ,e este ano céntrase no problema do insomnio. Algo sobre iso podería dicir ultimamente pero, como soño (mira ti), algún día, con ser poeta, vou centrarme mellor na outra parte do feito de durmir, que é o de […]

Presentación de TES ATA AS 10 en Madrid

12th Marzo 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Presentación de TES ATA AS 10 en Madrid

O vindeiro 23 de abril celebrarei o Día do Libro en Madrid, concretamente presentando TES ATA AS 10 alí acompañado da profesora Carme Lamela. O acto será ás 19.30 horas na Casa de Galicia en Madrid. Premede sobre a imaxe para ampliar o convite. A todas e todos os que esteades por Madrid quero vervos […]

Un poema para as Cíes (3)

3rd Marzo 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Un poema para as Cíes (3)

E o derradeiro dos poemas que escribín para o espectáculo O CANTO DAS ILLAS

Un poema para as Cíes (2)

2nd Marzo 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Un poema para as Cíes (2)

Velaquí o segundo poema que escribín, sobre as Illas Cíes, para o espectáculo O CANTO DAS ILLAS. Espero que vos preste.