Un poema para as Cíes (1)

Posted by franciscocastro - 19/02/15 at 12:02 p.m.

Illas Cíes

Como comentei onte, estou feliz de que a organización do espectáculo O CANTO DAS ILLAS que busca o recoñecemento das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade pensase en min para escribir uns cantos poemas alegóricos. O espectáculo estréase no Mar de Vigo este venres e sigue sábado e domingo.

Deixo aquí o primeiro dos poemas. Están todos na web (www.ocantodasillas.com).

E a foto, por certo, é tamén dun servidor. Verdade que son fermosas?

Vai o poema:

“No Rego da Serpe habita unha colebra que non quere ser colebra e que baixa á Lagoa dos Nenos porque quere bañarse e xogar e non dar medo. Na Lagoa dos nenos enchoupan a súa infancia dous meniños de cabelo louro e escamas bífidas que queren ser de ouro, coma o río que din que hai en Monteagudo. Nas Cíes todo pode ser fermosamente do revés e marabilloso”.

Os comentarios están pechados.