Os “poucos casos” dos desafiuzamentos

Posted by franciscocastro - 17/02/15 at 11:02 a.m.

PicMonkey Collage

Os políticos, os militares, os malos empresarios, ese tipo de xente, adoitan mirar ás persoas non como o que son, persoas suxeitas, como Kant nos aprendeu, a dignidade e nunca a prezo, senón como obxectos, como cousas, como números. Para un militar, que morran os que teñan que morrer, se o obxectivo se conseguiu (a conquista, ganar esa batalla, o que sexa), non é unha traxedia se se conseguiu a victoria; para un mal empresario, que haxa que despedir a unha, ou un cento de persoas para así “optimizar” resultados ou “equilibrar” un balance, non é algo terrible porque os números están por enriba das persoas. E para un mal político, é unha boa nova, como Rajoy vén de sinalar hai nada, que os desafiuzamentos de cada vez sexan menos e que, como dixo recentemente, “sexan casos aillados”. Independentemente de que non é certo, a realidade é que con que só haxa un caso, con que só exista unha persoa que sufre porque a botan de casa, con que só se dea un só caso desta traxedia, calquera gobernante con corazón debería ter problemas para durmir.

Pero claro, estou falando de xente sen corazón.

Os comentarios están pechados.