POIS XA É COINCIDENCIA

Posted by franciscocastro - 12/02/15 at 03:02 p.m.

In Vino Veritas

In Vino Veritas2Hai un par de días, distintas lectoras e lectores entraron en contacto comigo para informarme de que viñan de ver, en castelán, un libro titulado IN VINO VERITAS que asina a escritora Virginia Gasull e que publica Suma de Letras. Saíu o 8 de xaneiro ou sexa, hai nada. A miña, en 2011, é dicir, hai catro anos. Ambos os dous libros son historias policiais, co viño como pano de fondo, e cun punto de erotismo.

Obviamente, e antes de que ninguén empece a dicir cousas raras, é obvio que é unha casualidade absolutamente casual. A novela de Virgina Gasull está ambientada na época nazi (a miña na actualidade), a pescuda do detective ten que ver coa desaparición dun mosaico (o meu investiga a desaparición dun adegueiro) e a miña, no fondo, vai sobre o telelixo.

Mais fíxome coña a casualidade.

Os escritores e as escritoras, como vedes, non somos nada orixinais.

Os comentarios están pechados.