Un consenso sobre educación e galego?

Posted by franciscocastro - 11/02/15 at 11:02 a.m.

eugalego

Hoxe a prensa recolle a petición do presidente da Xunta que, seica, lle solicitou ao novo Conselleiro de Cultura que procure un “consenso sobre educación e galego”. Debo de dicir que o titular (é co que La Voz de Galicia abre hoxe) a min me pon algo de medo. Que un presidente fale de procurar consenso indica que recoñece que hai un problema. E iso non está mal que o recoñeza (senón non pediría que se busque un acordo) porque é obvio que o hai. Como é obvio quen o causou e por que.

Temos, si, un problema relacionado coa educación, pois hai un goberno (en Madrid e aquí) que tomou decisións, unha morea delas, de costas á comunidade educativa. Sen escoitalos. Desprezándoos. Por motivos puramente ideolóxicos e relixiosos e electoralistas. E, sobre o asunto lingüístico, todo estaba ben (non existía conflito de ningunha clase) ata que empezaron a falar de “imposición do galego” (impoñémolo tan mal que os falantes xa baixaron do 50 por cento), de “liberdade” para escoller o idioma (infortunadamente os que queremos galego non temos, na práctica, moita maneira de escollelo), etc.

Buscan consenso ou que apandemos?

Os comentarios están pechados.