Archive for Febreiro, 2015

Un poema para as Cíes (1)

19th Febreiro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Un poema para as Cíes (1)

Como comentei onte, estou feliz de que a organización do espectáculo O CANTO DAS ILLAS que busca o recoñecemento das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade pensase en min para escribir uns cantos poemas alegóricos. O espectáculo estréase no Mar de Vigo este venres e sigue sábado e domingo. Deixo aquí o primeiro dos poemas. […]

Os “poucos casos” dos desafiuzamentos

17th Febreiro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Os “poucos casos” dos desafiuzamentos

Os políticos, os militares, os malos empresarios, ese tipo de xente, adoitan mirar ás persoas non como o que son, persoas suxeitas, como Kant nos aprendeu, a dignidade e nunca a prezo, senón como obxectos, como cousas, como números. Para un militar, que morran os que teñan que morrer, se o obxectivo se conseguiu (a […]

O meu premio Nobel é Agustín Fernández Paz

16th Febreiro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en O meu premio Nobel é Agustín Fernández Paz

O pasado sábado, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, da que sinto o orgullo de formar parte, decidiu presentar a candidatura de Agustín Fernández Paz ao Premio Nobel de Literatura. A decisión é un exercicio de xustiza pois se ese premio debe reservarse só para os máis grandes da literatura universal, Agustín […]

Por que non derogar o decreto do plurilingüísmo?

13th Febreiro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Por que non derogar o decreto do plurilingüísmo?

O presidente da Xunta de Galicia leva varios días falando da necesidade de buscar un consenso sobre o asunto da lingua. Independentemente de que non debería, nunca, o uso, promoción, espallamento, escolarización, etc. na lingua propia do país ser un asunto a consensuar (onte o goberno de Madrid aprobou espallar o xadrez porque o recomenda […]

POIS XA É COINCIDENCIA

12th Febreiro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en POIS XA É COINCIDENCIA

Hai un par de días, distintas lectoras e lectores entraron en contacto comigo para informarme de que viñan de ver, en castelán, un libro titulado IN VINO VERITAS que asina a escritora Virginia Gasull e que publica Suma de Letras. Saíu o 8 de xaneiro ou sexa, hai nada. A miña, en 2011, é dicir, […]

Un consenso sobre educación e galego?

11th Febreiro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Un consenso sobre educación e galego?

Hoxe a prensa recolle a petición do presidente da Xunta que, seica, lle solicitou ao novo Conselleiro de Cultura que procure un “consenso sobre educación e galego”. Debo de dicir que o titular (é co que La Voz de Galicia abre hoxe) a min me pon algo de medo. Que un presidente fale de procurar […]

S.O.S. polo libro e a lectura (o fracaso da democracia)

5th Febreiro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en S.O.S. polo libro e a lectura (o fracaso da democracia)

Hoxe a prensa recolle o SOS emitido onte pola Federación de Gremios de Editores de España pola situación do Libro e da Lectura. O berro de auxilio dáselle ao goberno coa idea de que se sensibilice e entenda que hai que asumir un Plan Integral de Fomento do Libro e da Lectura para frear o […]

Wert: educar sen atender á tribo

3rd Febreiro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Wert: educar sen atender á tribo

O famosísimo dito reza que “para educar un neno é necesaria toda a tribo”, ou o que é o mesmo, que quen educa un neno ou unha nena é a sociedade enteira, non só os mestres e mestras, senón tamén os medios de comunicación, as familias… en definitiva, o conxunto da sociedade. No caso de […]