O can de Alcibíades

Posted by franciscocastro - 28/01/15 at 11:01 a.m.

PicMonkey Collage

Na época clásica grega, época de esplendor político, houbo un gobernante, Alcibíades, que un día que tiña que comparecer diante da Asemblea que ía pedirlle contas pola sua pésima xestión, ao subir ao estrado amosoulle ao pobo o seu can. Todos quedaron marabillados vendo aquel can tan fabuloso e lindo. Logo, colleu un coitelo e, diante de todos, curtoulle a cola, con gran escándalo da audiencia que empezou a falar sobre a cola do can, sobre por que o gobernante fixera iso coa cola do can, que cal sería o obxectivo de tal comportamento e a que viña iso de curtarlle a cola ao can.

Ao baixar do estrado, Alcibíades díxolle a un dos seus membros no goberno que mentres que o pobo falase da cola do can, non ían preocuparse da súa mala xestión.

E rematou a Asemblea.

Hoxe, siguen despistándonos con colas de can. E así non falamos do importante.

 

Os comentarios están pechados.