Auschwiz, 70 anos despois sigue aberto

Posted by franciscocastro - 27/01/15 at 12:01 p.m.

Auschwitz

Cúmprense 70 anos da liberación do campo de exterminio de Auschwiz (non hai que dicirlle de concentración, nunca o foron, sempre estiveron pensados para exterminar seres humanos). E sete décadas despois daquel espanto no que morreron, só nese campo, xa sabedes que había moitos máis, 1.1 millóns de persoas hai quen sigue negando o Holocausto e, peor e como dicía onte, hai quen sigue apoiando o pensamento nazi. O caso máis actual é Grecia, con ese Amencer Dourado (máis ben tirando a escuro) como terceira forza política, pero tamén en Francia, coa señora Le Pen falando de prohibir a entrada de estranxeiros en Francia ou a propia Inglaterra que nas últimas europeas viu medrar a forza nazi (os británicos foron o pobo máis machacado dende o punto de vista bélico polos nazis na Segunda Guerra Mundial).

A pesar de que cando se descobriron os campos de exterminio as Nacións Unidas pareceron reaccionar elaborando a Declaración Universal de Dereitos Humanos e sinalando que a partir dese intre as nacións do mundo actuarían xuntas para evitar toda clase de violencia contra os diferentes fose cal fose a causa que motivaba tal persecución, o certo é que o fracaso é global. Os nazis siguen por aí. As mulleres, discriminadas en boa parte do planeta. Nenos obrigados a ir á guerra. Persoas escravizadas e sen dereitos de ningunha clase, cuxas vidas valen menos que nada.

Setenta anos despois, involucionamos.

Os comentarios están pechados.