O que importa dos resultados en Grecia

Posted by franciscocastro - 26/01/15 at 02:01 p.m.

AMANECER DORADO

O que realmente importa do resultado electoral grego non é a ilusión que a algúns nos produce a vitoria contundente de Syriza.

O dato ao que hai que atender é a esa subida do partido neonazi, que é xa a terceira forza política.

En pleno século XXI a besta anda solta por Europa.

E, coma sempre, coido que todos ollando para outra parte. E non deberiamos. A historia demóstranos que non deberiamos.

Os comentarios están pechados.