Escribir é un acto político

Posted by franciscocastro - 19/01/15 at 12:01 p.m.

Máquina de escribir

Sempre dixen que escribir é un acto político, porque as escritoras e os escritores, ao crear outros mundos, onde outras cousas son posibles, non estamos aceptando o mundo tal e como é, non o estamos vendo pasar, non somos suxeitos pasivos á mercede das decisións de outras e de outros. Imaxinar é pensar diferente. Inventar un mundo con outras regras é non querer quedar con este.

Din que os que nos dedicamos a escribir somos soñadores. Por iso, precisamente, facemos política. Soñar é facer política. Buscar utopías é facer política. Porque non aceptamos a realidade cando dende sempre para o que se nos educa é para aceptar a realidade. Porque non nos cremos o conto ese de que as cousas teñen que ser como son, éche o que hai e tes que aguantarte.

Escribir é un acto político.

Escribir é intervir na realidade porque esta non é dabondo.

Por iso escritores e libros, cando chegan as ditaduras, son tamén dos primeiros en caer.

Os comentarios están pechados.