Atrapando os soños que andan por aí

Posted by franciscocastro - 16/01/15 at 02:01 p.m.

soño

Estou lendo estes días o libro de Eduardo Galeano, Ser ellos. No mesmo, defínese a si mesmo como un escritor que non fai outra cousa que “capturar os soños que andan por aí”. Como definición do traballo do escritor paréceme fermosísima. E por iso sempre digo que este é o oficio máis fermoso do mundo. Collemos os soños que andan por aí, aboiando na realidade, agochados por tras das palabras, convertidos en vapor no medio e medio das conversas do parque, nese eléctrico nonlugar cheo de cousas que vive entre dúas olladas que se atopan no espacio-tempo do autobús urbano. Por exemplo. E noutros libros e noutras persoas que che van dando ideas sen eles ou elas o saber.

Son feliz de ser escritor e de andar atrapando soños que andan por aí.

Os comentarios están pechados.