Vivimos un tempo de cambio irremediable. Pois que sexa para ben.

Posted by franciscocastro - 14/01/15 at 01:01 p.m.

promesas-electorais

Xa sabemos que están todos en campaña. De feito, sempre o están. Alcaldes, presidentes autonómicos e os que máis mandan no estado están sempre en campaña. Prometendo. Logo xa non cumprirán por mor dos mercados, as circunstancias, a realidade económica, a Troika ou a miña prima Rita, pero non farán. Pero mentres tanto, en campaña, todo o tempo vendo que facer para que cando chegue o instante de ir ás urnas a xente obedeza e vote a quen ten que votar. Con V. Mirade como muda a frase se dixeramos “aos que teñen que botar”. Con B.

Antes das Europeas, na véspera, dixen: votade a quen queirades pero que caia o bipartidismo. E acertei.

E non me gusta xogar ás profecías, pero desta volta adiviñar o futuro é doado. E non porque as enquisas estean a imaxinar o escenario. Senón porque sigo vendo como os partidos tradicionais (non só o PP e o PSOE, tamén, síntoo, o BNG) siguen falando na clave anterior: podo prometer e prometo, vou facer, imos gañar as eleccións, temos a razón, é tempo de estabilidade, viva Galicia y olé.

Vivimos un tempo de cambio irremediable e os únicos que non se decataron ata o de agora son os partidos tradicionais.

Cambiamos, si. Pois que sexa para ben.

Os comentarios están pechados.