Racismos

Posted by franciscocastro - 13/01/15 at 11:01 a.m.

Mafalda

Onte, no medio dun café con outra xente, unha persoa teoricamente culta (non vou dicir quen é), que ten responsabilidades formativas sobre outras persoas, que emite cultura, que propaga valores e ciencia, que goza dun certo seguimento, díxome que o problema do racismo é que, en efecto, que chegan inmigrantes, que está empezando a haber moitos, que se abren mesquitas, que nos coles xa están todos moi mesturados “cos de por aquí”. Esas cousas.

Eu sempre pensei que o problema do racismo eran os racistas, non que haxa xente de distintas cores. Eu sempre pensei que o problema da intolerancia é dos intolerantes, non de que haxa xente diferente vivindo con un. Eu sempre pensei que o problema da xenofobia era que había xenófobos, non de que haxa estranxeiros.

Razoamentos coma ese son os que xustifican no fondo violacións porque a rapaza ía en minisaia (é que van provocando) ou os que din que os da revista francesa ían buscando o que lles pasou.

Con pensamentos así isto non hai quen o amañe.

Os comentarios están pechados.