Pero realmente España necesita meter 9.439.99 millóns de euros en gasto militar?

Posted by franciscocastro - 07/01/15 at 12:01 p.m.

gastomilitar

O goberno de España aprobou meter nos Orzamentos Xerais do Estado un gasto de 9.439.99 millóns de euros para asuntos militares, gasto en armamento e distintas partidas relacionadas coa guerra e o que eles chaman Defensa (de quen hai que defenderse?). O gasto que o executivo destina a isto é cinco veces o que se gastará en Sanidade e 3.5 veces o que se gastará en Educación. Cómpre concluir que os nosos dirixentes están esperando un ataque inminente pois consideran máis importante gastar en submarinos, avións, etc, que en curar á xente ou darlle un futuro.

O dato, por suposto, non vai abrir telexornais nin vai ser moi comentado en case que ningunha parte. Ademais, o goberno faino tan ben que no documento dos Orzamentos só indica que son 5.676.77 millóns os que van a Defensa, pero logo resulta que mete outros 3.672 millóns de euros noutros departamentos nos que aparece unha curiosa partida que, modificando máis ou menos o nome segundo o momento, chama algo así como “material de apoio militar” ou similar.

Todo isto ao tempo que lemos que as Urxencias hospitalarias se colapsan, que os ingresados non teñen sabas limpas e que se deixan de facer probas moi caras precisamente por iso, porque son caras.

Todo isto é un completo disparate. Menos mal que, se nos atacan, estamos ben armados. Iso si, aos feridos non vai haber onde metelos, porque os hospitais non teñen fondos para atender a ninguén. Eses fondos que lles faltan e que se dedican, precisamente, ao gran negocio da guerra.

Os comentarios están pechados.