Archive for Xaneiro, 2015

A infanta está triste. Que terá a infanta? (sobre a mala educación)

30th Xaneiro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en A infanta está triste. Que terá a infanta? (sobre a mala educación)

A infanta Cristina está “desgustada”, segundo comenta o seu avogado, Miquel Roca, por ter que vender o seu palacete de Pedralbes. Cito textualmente ao seu defensor: “porque non deixa de ser algo sobre o que depositara ilusións”. O palacete véndese por 6,9 millóns de euros, como se ve, o precio normal dunha familia normal española, […]

O can de Alcibíades

28th Xaneiro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en O can de Alcibíades

Na época clásica grega, época de esplendor político, houbo un gobernante, Alcibíades, que un día que tiña que comparecer diante da Asemblea que ía pedirlle contas pola sua pésima xestión, ao subir ao estrado amosoulle ao pobo o seu can. Todos quedaron marabillados vendo aquel can tan fabuloso e lindo. Logo, colleu un coitelo e, […]

Auschwiz, 70 anos despois sigue aberto

27th Xaneiro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Auschwiz, 70 anos despois sigue aberto

Cúmprense 70 anos da liberación do campo de exterminio de Auschwiz (non hai que dicirlle de concentración, nunca o foron, sempre estiveron pensados para exterminar seres humanos). E sete décadas despois daquel espanto no que morreron, só nese campo, xa sabedes que había moitos máis, 1.1 millóns de persoas hai quen sigue negando o Holocausto […]

O que importa dos resultados en Grecia

26th Xaneiro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en O que importa dos resultados en Grecia

O que realmente importa do resultado electoral grego non é a ilusión que a algúns nos produce a vitoria contundente de Syriza. O dato ao que hai que atender é a esa subida do partido neonazi, que é xa a terceira forza política. En pleno século XXI a besta anda solta por Europa. E, coma […]

Necesitamos unha prensa á altura das circunstancias

23rd Xaneiro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Necesitamos unha prensa á altura das circunstancias

Xa o dixen tantas veces que canso de repetilo: necesitamos unha prensa á altura das circunstancias. Vivimos momentos de cambio importantes. A cidadanía fartouse de ser suxeito pasivo e converteuse, quere converterse, en motor de cambio. Por iso, hoxe máis ca nunca, a prensa (falo da tradicional, nomeadamente da escrita) debería facer o esforzo de […]

Rajoy fala de Bárcenas coma un divorciado

22nd Xaneiro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Rajoy fala de Bárcenas coma un divorciado

Cando a xente se divorcia, cando a xente se divorcia mal, quero dicir, e todo remata dun xeito, digamos, incómodo (a liña que separa o amor do odio é moi feble) os antigos marido-muller deixan de chamarse, polo xeral, polo nome, sobre todo cando se refiren a eles ou a elas diante de outros. A […]

Violencia no fútbol? Aprendan do balonmán ou do rugby

20th Xaneiro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Violencia no fútbol? Aprendan do balonmán ou do rugby

Leo que veñen de nomear un novo responsable de seguridade da liga de fútbol. Xa é dabondo incrible que teña que haber un responsable de seguridade, que existan partidos de alto risco, que media policía montada do Canadá haxa que mobilizar de cada vez que hai unha cita futbolística máis ou menos importante. O señor […]

Escribir é un acto político

19th Xaneiro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Escribir é un acto político

Sempre dixen que escribir é un acto político, porque as escritoras e os escritores, ao crear outros mundos, onde outras cousas son posibles, non estamos aceptando o mundo tal e como é, non o estamos vendo pasar, non somos suxeitos pasivos á mercede das decisións de outras e de outros. Imaxinar é pensar diferente. Inventar […]

Atrapando os soños que andan por aí

16th Xaneiro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Atrapando os soños que andan por aí

Estou lendo estes días o libro de Eduardo Galeano, Ser ellos. No mesmo, defínese a si mesmo como un escritor que non fai outra cousa que “capturar os soños que andan por aí”. Como definición do traballo do escritor paréceme fermosísima. E por iso sempre digo que este é o oficio máis fermoso do mundo. […]

Vivimos un tempo de cambio irremediable. Pois que sexa para ben.

14th Xaneiro 2015 by franciscocastro Comentarios desactivados en Vivimos un tempo de cambio irremediable. Pois que sexa para ben.

Xa sabemos que están todos en campaña. De feito, sempre o están. Alcaldes, presidentes autonómicos e os que máis mandan no estado están sempre en campaña. Prometendo. Logo xa non cumprirán por mor dos mercados, as circunstancias, a realidade económica, a Troika ou a miña prima Rita, pero non farán. Pero mentres tanto, en campaña, […]