A indecencia dos mercados

Posted by franciscocastro - 30/12/14 at 12:12 p.m.

avariciaQue o sistema é indecente xa o sabiamos. Que o capitalismo é indecente xa o sabiamos. Que as grandes corporacións empresariais son indecentes xa o sabiamos. Que a Banca, así, tomada en abstracto e xenérico é indecente xa o sabiamos. Que os mercados son indecentes xa o sabiamos.

Mais o que non sabiamos é que xa non se molestaban en disimular. Porque un pode ser un indecente, un inmoral, unha mala persoa, un cabrón de manual pero, carafio, o mínimo é disimular. Selo, si, pero que non se note. Que ten que haber unhas mínimas formas.

E o sistema, o capitalismo, as corporacións empresarias, a Banca, os mercados, ou sexa, A Orde Establecida, non o é. En absoluto. Porque ao ver que a esquerda ten todas as posibilidades de tomar o poder en Grecia, as Bolsas se desmoronan, a Troika “avisa”, os mercados “alertan” e todo iso que hoxe, cun noxo indecente absoluto, preside as páxinas dos xornais.

O sistema, o capitalismo, as grandes corporacións empresariais, a Banca, os mercados, prefiren á xente submisa, empobrecida, sen o benestar que por, precisamente, decencia, lle corresponde, con tal de que os beneficios, os réditos, as cifras, AS SÚAS, non se vexan mermadas.

Perdoade por cuspir así o derradeiro día do ano.

Pero tanta indecencia é que me cabrea un pouco.

Os comentarios están pechados.