Día Internacional contra a corrupción

Posted by franciscocastro - 09/12/14 at 11:12 a.m.

Corrupción

A ONU tenche datas para todo. Entre outras, para a loita contra da corrupción. E hoxe é o día.

O tópico di que este tipo de días, agás para visibilizar asuntos decote tomados como minoritarios (non é o caso), non sirven para nada. Neste caso, é así. Hoxe celebramos (?) o Día Interncional Contra a Corrupción no momento en que sabemos que hai máis que moita, probablemente, ou sen probablemente, coa nosa connivencia. Velaí están as imaxes da xente aplaudíndolle á Pantoja cando entraba nos xulgados, ou botándolle a candidatos que van nas listas a pesar de que sexa de dominio público que son quen son. Ou a lea que se montou nas redes sociais cando se anunciou o desmantelamento de webs de descargas ilegais de películas e series. Estamos contra a corrupción, si, pero que non me toquen a miña parcela de corrupción.

En calquera caso, parabéns aos corruptos. Hoxe é o seu día.

Os comentarios están pechados.