Archive for Decembro, 2014

A indecencia dos mercados

30th Decembro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en A indecencia dos mercados

Que o sistema é indecente xa o sabiamos. Que o capitalismo é indecente xa o sabiamos. Que as grandes corporacións empresariais son indecentes xa o sabiamos. Que a Banca, así, tomada en abstracto e xenérico é indecente xa o sabiamos. Que os mercados son indecentes xa o sabiamos. Mais o que non sabiamos é que […]

Son as bibliotecas!

29th Decembro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Son as bibliotecas!

O outro día tiven unha agradable conversa cunha política do PP con responsabilidades de goberno, persoa racional, agradable e aberta a escoitar, sobre moitas cousas, entre outras, sobre como mellorar a educación no noso país. Puiden expoñerlle con calma como o vexo eu e argumentar a miña posición. Non é cousa de repetir aquí o […]

Están privatizando a sanidade

11th Decembro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Están privatizando a sanidade

Hoxe limos na prensa un informe da patronal de seguros ICEA que amosa a relación directa entre o deterioro da sanidade pública e a bonanza da sanidade privada. Datos moi claros e indiscutibles como que as aseguradoras médicas (que non terían razón de ser cunha sanidade pública máis eficaz, sen listas de espera, etc.) suman […]

No Día dos Dereitos Humanos unha pouca de demagoxia e populismo

10th Decembro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en No Día dos Dereitos Humanos unha pouca de demagoxia e populismo

É curioso que onte fose, segundo o calendario da ONU, o Día Internacional contra da Corrupción e hoxe o Día dos Dereitos Humanos, porque, sen dúbida, ambas as cousas están moi relacionadas. Porque se no mundo non houbese a corrupción que hai probablemente os dereitos humanos se cumprirían máis. Por suposto que a frase que […]

Día Internacional contra a corrupción

9th Decembro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Día Internacional contra a corrupción

A ONU tenche datas para todo. Entre outras, para a loita contra da corrupción. E hoxe é o día. O tópico di que este tipo de días, agás para visibilizar asuntos decote tomados como minoritarios (non é o caso), non sirven para nada. Neste caso, é así. Hoxe celebramos (?) o Día Interncional Contra a […]

Os libros. A lectura. A escola

4th Decembro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Os libros. A lectura. A escola

Así como en Finlandia saben e teñen moi claro que gran parte do éxito educativo e dos bos resultados que sacan no famoso informe PISA ten que ver co feito de que o ensino gravita arredor da Biblioteca, por aquí, que pasamos de imitar a esa xente (aquí  fixámonos máis en nós mesmos, no embigo […]

No Día Internacional da Discapacidade

3rd Decembro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en No Día Internacional da Discapacidade

Hoxe, que se celebra o Día Internacional da Discapacidade o que cómpre é lembrar que si, que todos somos diferentes, pero que absolutamente todos somos iguais en dereitos. E convén lembar que, debido aos recortes humanicidas co que nos castigan e que sempre mallan nos máis febles, eses dereitos pasan a ser só teóricos, desaparecendo […]

Xente que fai política

1st Decembro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Xente que fai política

Teño para min que o que máis lles amola aos que nos gobernan (estean ou non no goberno) non é tanto o ascenso de forzas políticas alternativas (nunca a ninguén lle foi tan ben sen ter que facer absolutamente nada, nin sequera sen ter programa), senón o feito de que agora, á xente, se lle […]