Falando de O CORAZÓN DA BRANCA DE NEVE en Allariz

Posted by franciscocastro - 25/11/14 at 06:11 p.m.

O corazón da Branca de Neve

Este mércores pasarei toda a tarde en Allariz na compaña de moitas alumnas e alumnos que leron o meu O CORAZÓN DA BRANCA DE NEVE. Concentraranse alí rapazas e rapaces do IES de Maceda, dous institutos de Xinzo de Limia, o de Allariz e o de Viana do Bolo. A actividade é moi estimulante, ademais de pola cantidade enorme de rapazada que leu o libro, porque as profesoras e profesores deseñaron un coloquio do que xa me mandaron os temas. Concretamente, falaremos do Tráfico de nenos e Trata de seres humanos, da Adopción legal/ilegal e da Corrupción asociada a algúns procesos, da cuestión da Inmigración, de determinadas enfermidades mentais asociadas ao nosos xeito de vida (anorexia, depresión…) e, respecto ao formato do libro (novela por entregas), os condicionantes que para min, como escritor, supuxo ter que escribir 31 capítulos curtos.

Pois si: todo iso está dentro do meu libro. Espero ser quen de llo explicar ben.

Os comentarios están pechados.