As 200 nenas e a “emoción” do anuncio da lotería

Posted by franciscocastro - 16/11/14 at 11:11 p.m.

Nigeria_2_t670x470

No mes de abril (é dicir, hai medio ano), 200 nenas foron secuestradas por un grupo relixioso fanático en Nigeria. Cando tal aconteceu, o suceso foi Trending Topic en Titter, abriu todos os telexornais e ocuparon portadas nos papeis. Líderes mundiais soltaron frases ocas, proclamas baleiras e moita parvada verbal. Co paso dos días, soubemos que estaban sendo usadas como escravas sexuais (lembrade, son nenas), que son vendidas por 10 euros (lembrade, son nenas) e que sufren toda clase de violencia e abusos. Entre outros, poñerse diante das cámaras para darlle as grazas aos seus captores e celebrar o “ben” que están.

Destas cativas non se acorda ninguén. Están condeadas á súa sorte.  Xa non saen nos informativos. Ninguén fala delas. Non perde o sono Mariano nin Angela nin Barack nin ninguén. Non lles importan, non lles preocupan, seica non vai o asunto con eles.

Non lles emocionan.

O que emociona, claro que si, é o anuncio da lotería. Que che di que es imbécil se non xogas.

Que ganas de, como Mafalda, parar o mundo para baixar del.

Os comentarios están pechados.