Rematou o franquismo en España?

Posted by franciscocastro - 13/11/14 at 12:11 p.m.

Crimes franquismo

Lemos, con tristura, que o goberno español, e a policía (ambas as dúas entidades obrigadas a cumprir a lei e colaborar coa xustiza), toman a decisión de non deter aos 20 cargos franquistas que a Interpol solicita que se deteñan polos seus crimes franquistas e que son reclamados polo goberno arxentino. Estamos a falar de xente que colaborou ou practicou torturas, asasinatos e incluso roubos de bebés. Se en España soubesemos que un criminal buscado pola policía española e sobre quen a Interpol decreta orde de detención, un goberno estranxeiro se nega a facelo, aquí montariamos en cólera e denunciariamos a inxusta e a incompresión diante de tal feito.

Pero, como pasa case que sempre, estamos a falar do franquismo. Un asunto mal pechado. Ou un asunto sen pechar. O goberno actual no seu día atacou (e de feito deixou sen orzamentos, o que implica matala) a Lei de Memoria Histórica. Falaron sempre de non reabrir feridas. Cando todo o mundo sabe que as feridas só se poden curar aireándoas. Pero, quizais, hai moita xente que ten que avergoñarse dos seus avós e do seu pasado familiar.

Que estas persoas, responsables de gravísimos crimes contra da Humanidade (o goberno dixo onte que xa prescribiran e que a amnistía do 77 os liberada das súas responsabilidades penais…o goberno ignora que os crimes contra da Humanidade, como a ONU se encarga de lembrarlle ao goberno de España día si e día tamén, non prescriben nunca nin se poden perdoar), que esta xente, dicía, se vaia de rositas coa colaboración dun goberno democrático e occidental é directamente intolerable.

Abraia que falen tanto, cando lles convén, de cumprir a lei e que, para casos tan duros e brutais, a pasen directamente polo forro dos calzóns.

Os comentarios están pechados.