Archive for Novembro, 2014

O fracaso na batalla pola igualdade

27th Novembro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en O fracaso na batalla pola igualdade

Onte, falando coa rapazada de distintos institutos de Ourense en Allariz sobre o meu O CORAZÓN DA BRANCA DE NEVE, saiu un asunto que me preocupa e sobre o que me deron a razón. Explicáballes o moito que me indigna e quita o sono ver que formas do machismo máis virulento están a callar, e […]

Falando de O CORAZÓN DA BRANCA DE NEVE en Allariz

25th Novembro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Falando de O CORAZÓN DA BRANCA DE NEVE en Allariz

Este mércores pasarei toda a tarde en Allariz na compaña de moitas alumnas e alumnos que leron o meu O CORAZÓN DA BRANCA DE NEVE. Concentraranse alí rapazas e rapaces do IES de Maceda, dous institutos de Xinzo de Limia, o de Allariz e o de Viana do Bolo. A actividade é moi estimulante, ademais […]

A duquesa

20th Novembro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en A duquesa

Vaia por diante que lamento a morte de calquera ser humano. Non máis a desta muller que a doutra moita xente que non coñezo. Non menos, tampouco. O que quero dicir é que hoxe que as redes sociais xa ferven falando do pasamento de Cayetana Fitz-James Stuart e xa empezan os eloxios (entre outros, que […]

As 200 nenas e a “emoción” do anuncio da lotería

16th Novembro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en As 200 nenas e a “emoción” do anuncio da lotería

No mes de abril (é dicir, hai medio ano), 200 nenas foron secuestradas por un grupo relixioso fanático en Nigeria. Cando tal aconteceu, o suceso foi Trending Topic en Titter, abriu todos os telexornais e ocuparon portadas nos papeis. Líderes mundiais soltaron frases ocas, proclamas baleiras e moita parvada verbal. Co paso dos días, soubemos […]

Rematou o franquismo en España?

13th Novembro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Rematou o franquismo en España?

Lemos, con tristura, que o goberno español, e a policía (ambas as dúas entidades obrigadas a cumprir a lei e colaborar coa xustiza), toman a decisión de non deter aos 20 cargos franquistas que a Interpol solicita que se deteñan polos seus crimes franquistas e que son reclamados polo goberno arxentino. Estamos a falar de […]

O concelleiro de cultura máis burro

10th Novembro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en O concelleiro de cultura máis burro

Non vou entrar no asunto terrible dun concelleiro que pide que lle dean un tiro na caluga a un adversario político. Non vou entrar en plantearme que pasaría se esa burrada a dixese alguén dalgúns partidos minoritarios, periféricos, emerxentes, que eu imaxino, como lles irían á chepa, como os identificarían co terrorismo máis brutal. Non […]

Angela Merkel e o porno

10th Novembro 2014 by franciscocastro Comentarios desactivados en Angela Merkel e o porno

Onte cumpríronse 25 anos da caída do Muro de Berlín. Lembro aquela xornada con ilusión, vendo unha utopía cumprise en directo pola televisión, sendo moi consciente do histórico das imaxes que estaba a ver. Sen me decatar, pasou un cuarto de século pola miña, pola túa, polas nosas vidas. E sen nos decatar, toda aquela […]